[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A Concellería de Cohesión Social e Voluntariado consegue a acreditación do Selo de Calidade Europeo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A solicitude da Concellería de Cohesión Social e Voluntariado de Sada, que dirixe o concelleiro de Alternativa dos Veciños Breogán Blanco, obtivo un total de 79 puntos obtendo a acreditación coma organización líder co rol de Hosting e Supporting.
A Axencia Nacional da Comisión Europea do voluntariado decidiu conceder o Selo de Calidade ao Concello de Sada no marco do programa Corpo Europeo de Solidariedade, un programa que dará acceso a subvencións e vías de financiación para levar a cabo proxectos de voluntariado de calidade tanto na nosa comunidade coma noutros países membros da Comunidade Europea.
O Corpo Europeo de Solidariedade (CES) é unha iniciativa da Unión Europea que ofrece oportunidades para que os mozos/as, de entre 18 e 30 anos, leven a cabo un servizo de voluntariado ou participen en proxectos no sector da solidariedade, no seu propio país, noutro país da Unión Europea ou fóra dela.
As organizacións xogan un papel crave no funcionamento do Corpo Europeo de Solidariedade ao ser as encargadas de solicitar o financiamento para realizar os proxectos. O Selo de Calidade certifica que unha organización pode garantir as condicións xerais necesarias para participar no programa, de conformidade cos principios e obxectivos, e é unha condición previa para a participación nas actividades de voluntariado.
Os mozos interesados deben inscribirse no Portal do Corpo Europeo de Solidariedade, deberán ter a súa residencia legal nalgún dos países da UE e poden realizar voluntariado, xa sexa de forma individual ou en equipo. Nos proxectos de voluntariado, o programa cobre todos os gastos de participación (viaxe, aloxamento, manutención), e ademais os participantes reciben unha asignación mensual para gastos de peto.
O acordo ten unha duración de cinco anos e pode ser prorrogable polo cal o Concello de Sada comprométese a cumprir as normas de calidade do Corpo Europeo de Solidariedade e executar actividades de grande calidade no ámbito do voluntariado, unha distinción que, a día de hoxe, só teñen o Concello da Coruña e o Concello de Sada.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]