Con Julio Sacristán desaparece unha boa persoa e un bo político

Tristura polo pasamento de quen fora alcalde de Culleredo durante 34 anos

Julio Sacristán foi deses alcaldes que marcaron unha época. O Culleredo do noso tempo leva a súa firma, que é a pegada sobre todo dunha boa persoa que soubo interpretar como poucos o sentir do seu pobo.

O presidente da Alternativa, Ángel García Seoane, mostrouse triste polo pasamento de quen durante anos fora un amigo e compañeiro dalgunhas batallas.

“Foi sobre todo boa xente”, dixo Gelo de quen durante 34 anos fora elixido polos seus veciños alcalde de Culleredo, entre 1983 e 2017, un alcalde carismático que gobernou con gran apoio nos anos en que se configurou a actual fisonomía dese municipio co que Oleiros comparte fachada marítima cara ao interior da ría.

Comparte esta nova!