Comezan os traballos da mellora enerxética de dous Locais Sociais
Trátase dos locais sociais de As Travesas e San Vicente de Vigo.
En San Vicente de Vigo poñerase illamento con lá de roca de 8 cm, cambiarán a uralita por tella curva, renovarán os falsos tellados e cambiarán as ventás por unhas de PVC con dobre acristalamento na planta baixa. En As Travesas replicarán as mesmas actuacións no illamento térmico exterior, colocaranse elementos de protección de madeira e unha cuberta na parte superior mediante falso tellado. Estes dous proxectos servirán para mellorar estas instalacións, garantindo un maior confort térmico e alcanzando un importante aforro enerxético.
Estas actuacións teñen un custo de máis de 100.000 euros que será financiado a través de dúas subvencións do IDAE (Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía).