plan-xeral-cerceda

A Deputación da Coruña licita a obra de mellora do firme na estrada DP-2403 de Cerceda a Xesteda

Alternativa dos Veciños anuncia o inicio do procedemento de licitación da obra de mellora do firme na estrada de Cerceda a Xesteda cun orzamento inicial de 243.793,26 euros.

A presentacia de Alternativa dos Veciños na Deputación da Coruña asegura o investimento na mellora das infraestruturas da área de influencia da Coruña. Nesta ocasión, o organismo provincial iniciou o proceso de licitación dunha obra importantísima para o municipio de Cerceda como é a mellora da estrada que conecta os núcleos de Cerceda e Xesteda. As obras a realizar neste proxecto inclúen a limpeza dos paseos e o fresado das zonas deterioradas, a pavimentación de parte da estrada, a renovación da sinalización e a instalación de barreiras de seguridade metálicas.

Unha vez licitadas, previsiblemente as obras serán executadas nun prazo de catro meses a partires da data da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Novas relacionadas