A comarca da Coruña, de novo esquecida nas contas do Estado

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Escasísima forza ou escasísimo interés do PSOE local ante o seu goberno amigo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Os Orzamentos Xerais do Estado continúan pasando de largo pola Coruña, coa consignación de obras xa en marcha e adiando máis e máis obras como Alfonso Molina ou a ampliación da Pasaxe. Así o expresou o alcalde de Oleiros e presidente da Alternativa, Ángel García Seoane, que valorou o documento inicial.

As contas do estado para 2023 non teñen nada novo, que era o que cabería agardar se realmente a cidade pintase algo en Madrid. Os xa antigos proxectos da Intermodal, o dragado da ría ou o tren ao porto exterior son xa obras do pasado. Con relación a Alfonso Molina, a gran vía estrutural da Área Metropolitana aparece con groso das obras aínda de aquí a 4 anos, algo indignante. E o seu gran complemento, a ponte da Pasaxe, aparece cuns anecdóticos 500.000 euros, suponse que para abonar parte do proxecto.

Non se sabe canto terá que agardar o Concello para poder executar un vial desde a rúa Xesteira por debaixo da ponte para que as persoas que viven nesa zona podan incorporarse con maiores garantías de seguridade á NVI. O alcalde desvelou que hai pouco máis de un mes o Delegado do Goberno comunicoulle que faría chegar a Oleiros unha explicación das ideas que se barallan para a ampliación da ponte, se ben ata o momento non lle chegou esa información.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!