Alternativa non votará a favor dun proxecto que non contemple as alegacións e o informe de impacto ambiental
O gobernó do tripartito leva a pleno un acordo sobre “establecer o trazado reflexado nas NN.SS. de Cangas como o trazado de consenso máis acaído para o desenvolvemento da circunvalación de Cangas”. Sen ter coñecemento do proxecto que están votando e moito menos os seus informes de impacto medioambiental, nin se se aceptaron as enmedas presentadas no seu momento.
Estos días e ante as declaracións da Conselleira de Infraestructuras Ethel Vazquez, a Alternativa define o seu posicionamento respecto á “circunvalación de Cangas”. O Concello di que non ten proxecto, pero estivo a exposición pública e a Conselleira dí que non ten información sobre cando se aprobou en Pleno. A pregunta é: Que se aprobou de verdade no Pleno?
A fin de informar á veciñanza coa máxima veracidade posible podemos indicar que no ano 2012 a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou provisionalmente o proxecto de trazado e impacto ambiental da circunvalación de Cangas e se someteu a trámite de información pública nos meses seguintes nos taboleiros do Concello.
Río das Presas e Coiro
Dado o documento presentado de “circunvalación“ co que esa característica de via representa, a veciñanza e o concello fixeron chegar alegacións á mesma ademáis de ser requerido un novo informe medioambiental e o informe da Dirección Xeral de Patrimonio por afectar a zonas de especial valor natural-patrimonial, solicitando así que se aplicaran axustes ao proxecto para dotar á infraestrutura de elementos de integración urbana, sobre todo na conexión coa Avenida de Marín e no treito final da actuación (existía un recheo no treito da PO551 ou viaduto, unha enorme cota de rasante sobre o río das Presas…) para minimizar o gran impacto medioambiental que sufriría a zona de Coiro.
As últimas novas que temos é que a Xunta sacou a redacción definitiva do proxecto en marzo do 2015, pero dese proxecto nada se coñece desde Alternativa, e tras solicitalo no Concello e indicarnos que non existe expediente da “circunvalación/variante” o noso voto sempre será a salvagarda da veciñanza e do entorno onde se queren levar a cabo ditas obras”.
É necesario traballar con seriedade
Desde Alternativa solicitamos tanto ao Concello de Cangas como a Infraestructuras da Xunta de Galicia, primeiro que se traballe con seriedade pois pedir o voto a favor dun proxecto que non existe é como creernos que se vai cumplir todo o que nos prometeron, unha falacia, e por outra banda que se nos faga chegar o novo proxecto que se redactou no 2015, ou explicación de si non existe; para poder comprobar si se tiveron en conta os informes e alegacións recibidas, minimizaron as afeccións que o proxecto puidese ocasionar e a declaración clara e firme de que existirá un exhaustivo e serio programa de de vixiancia ambiental e patrimonial durante a execución da obra.