Chamamento á veciñanza para defender “ un ensino público digno e de calidade”

Alternativa dos Veciños chama a toda a poboación, familias e Anpas a participar nesta convocatoria, que unifica as reclamacións expresadas desde toda a comunidade educativa en defensa dun ensino público de calidade.

O grupo apoia a convocatoria da manifestación convocada pola Federación de Asociacións de Nais e Pais (Anpas) de Centros Públicos da Coruña, que terá lugar o vindeiro sábado 28 de febreiro, e partirá ás 11:00 horas da Praza de Orense ata O Parrote, coa temática de super héroes reivindicando ‘os heroes do ensino público’.

A formación únese á denuncia da precariedade á que a administración autonómica que está a empuxar ó ensino público. Situación que se reflicte en aulas masificadas con ratios excesivas, instalacións deterioradas e con diferentes problemáticas, profesorado sobrecargado e con recursos e atención insuficientes para o alumnado con necesidades educativas especiais.

Anpas de toda a provincia levan dende inicio de curso denunciando diferentes deficiencias derivadas dunha dunha falta de planificación e abandono sotida no tempo por parte da Xunta de Galicia. Esta situación, repercute directamente nas familias, no profesorado e persoal vinculado ao sistema educativo (empresas de limpeza, transporte, etc.), así como nas entidades locais, ás que se pretende cargar responsabilidades que non lles corresponden.

Comparte esta nova!