A antiga escola de Barrañán albergará un centro social
A Deputación da Coruña e o Concello de Arteixo asinan un convenio mediante o cal o organismo provincial financia con 239.000 euros as obras de reforma e ampliación da antiga escola de Barrañán para a creación dun centro social.
Así mesmo, o ente provincial ven de acordar a cesión de titularidade dunha parcela de 1.989 metros cadrados no Polígono Industrial de Sabón. Os novos terreos municipais terán que dedicarse a novos equipamentos públicos para dar servizo aos veciños e veciñas.