O CEIP de Tarrío ven de ser recoñecido co Selo de Centro eTwinning para o período 2026-2027 pola Plataforma Europea de Educación Escolar, que pon en valor o seu traballo coa innovación educativa e proxección internacional do alumnado.
Este recoñecemento premia a labor desenvolvida polo centro na ”promoción de valores europeos e no uso das novas tecnoloxías a través de proxectos colaborativos internacionais.”, tal e como explican dende o Centro.
Alternativa valora positivamente esta aposta pola mellora das competencias lingüísticas e a apertura do alumnado a novas realidades culturais. “Este centro é un exemplo do potencial do ensino público cando existe unha implicación por parte de toda a comunidade educativa. ” Subliñan dende o grupo.