Cea fría de Alternativa o venres na praza Esther Pita

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Será ás 21:00 horas, baixo unha carpa

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños continuará a campaña electoral celebrando este vindeiro venres 19 de maio unha nova cea fría para presentar a candidatura e o programa electoral co que se presenta ás eleccións do vindeiro 28 maio. Será en Santa Cruz, na praza Esther Pita, ás 21:00 horas, e desenvolverase baixo unha carpa.

Coma sempre, o acto será aberto a todos os veciños e veciñas en informarse e coñecer as propostas de Alternativa para revalidar a maioría absoluta e gobernar Oleiros a próxima lexislatura. Para facilitar a súa asistencia aos veciños e veciñas de Montrove, haberá un autobús gratuíto con saída ás 20:30 horas da Casa do pobo e regreso unha vez finalice o acto.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!