Alternativa dos Veciños rexeita o borrador da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa do Lixo (2026),
alegando que, ademais da subida desproporcionada (alcanza ata o 300% nalgúns epígrafes), o novo texto
elimina dereitos sociais e territoriais consolidados e establece mecanismos de acceso ás axudas
extremadamente ríxidos que desincentivan a colaboración e penalizan á poboación máis vulnerable.
A continuación detallamos os principais puntos de prexuízo para a veciñanza:
- Bonificacións sociais e rurais que desaparecen : a nova ordenanza elimina mecanismos de protección e
compensación que existían na ordenanza anterior (2020/2008), prexudicando directamente a colectivos de
baixa capacidade económica e ás zonas máis dispersas:
- Eliminación da bonificación territorial por distancia: a ordenanza anterior establecía unha redución do
50% para os contribuíntes cuxos contedores se atopasen a máis de 500 metros da vivenda. Desaparece
totalmente na nova normativa. - Eliminación da axuda simplificada para xubilados: suprímese a redución do 50% aos xubilados,
pensionistas ou perceptores de axuda familiar con ingresos inferiores ao SMI, cuxa condición era
recoñecida previamente polos servizos tributarios da Mancomunidade. - Eliminación da bonificación por vivenda deshabitada: non se inclúe a bonificación do 10% que se
aplicaba , cando acreditasen de xeito efectivo que a vivenda estaba deshabitada durante a totalidade do
período impositivo.
2. Sectores e veciños que quedan sen protección efectiva
- A ordenanza, que fixa unha cota fixa lineal de 126 € para todas as vivendas, que penaliza a :
- Poboación Rural e Dispersa: Ao eliminarse o 50% de bonificación por distancia, estes veciños vense
obrigados a pagar a tarifa completa de 126 €. Ademais, a falta de dispoñibilidade universal da nova
infraestrutura de reciclaxe (Contedor Marrón ou Compostaxe Comunitario) fai que esta poboación sexa
estruturalmente incapaz de acceder ás bonificacións ambientais. - Propietarios de Segundas Residencias e Vivendas Baleiras: Pasan a pagar a cota íntegra de 126 € sen
distinción de uso real ou xeración de residuos mínima. A única vía para conseguir a baixa do servizo é
xustificar a declaración de ruína ou un informe dos servizos urbanísticos, unha esixencia legal
desproporcionada que implica un risco de orde de demolición ou rehabilitación forzosa. - Unidades Familiares de Baixa Xeración de Residuos: A cota fixa de 126 € aplícase de forma uniforme sen
distinguir o número de habitantes (unidade de convivencia). Isto vulnera o principio de “quen contamina
paga” (Lei 7/2022), xa que unha persoa que vive soa paga o mesmo que unha familia numerosa que xera
moitos máis residuos.
3. Dificultade de acceder ás bonificacións existentes (Barreiras Burocráticas)
- Aínda que introduce reducións por escasos ingresos (IPREM) e por colaboración ambiental (Artigo 8.º), o
seu deseño administrativo resulta tan complexo que as fai inoperantes ou inalcanzables.
Bonificacións sociais por escasos ingresos (Artigo 7.º): - Dependencia obrigatoria de Servizos Sociais: se suprime a vía simplificada para xubilados e esixe que a
situación de escasos ingresos sexa previamente acreditada perante os Servizos Sociais dos Concellos e
conte co seu informe favorable. Isto xera unha barreira institucional que exclúe automaticamente á
poboación vulnerable que evita o contacto cos Servizos Sociais por estigma ou renuencia. - Carga documental e renovación anual: o proceso é rogado e de renovación anual, esixindo a
compilación da documentación fiscal (Declaración de Renda, certificados AEAT, nóminas) de todos os
membros da unidade de convivencia. - Inseguridade xurídica: a ordenanza utiliza o IPREM sen especificar se debe calcularse o valor anual en 12
ou 14 pagas, o que xera ambigüidade e dificulta ao contribuínte calcular se cumpre os requisitos de renda.
Bonificacións por colaboración ambiental (Artigo 8.º): - Tramitación complexa e inoperante: as bonificacións ambientais (Compostaxe, Puntos Limpos) requiren
solicitude anual rogada e documentación esixente. O propio Informe de Intervención recomendou “ser
moi cautos con estas reducións” e evitar porcentaxes mínimas que non xustifiquen os traballos de xestión
e as molestias aos contribuíntes. - Requisito fotográfico incongruente: todas as solicitudes de bonificación por colaboración ambiental
(ANEXO II) esixen adxuntar “fotografías que acrediten a separación de residuos na orixe
(IMPRESCINDIBLE)”. Este requisito é unha carga desproporcionada e incongruente, especialmente para o
uso de Puntos Limpos (que xa se acreditan con xustificantes oficiais de entrega). - Barreira para HORECA: a redución do 5% por redución do desperdicio alimentario esixe a presentación
anual de convenios, rexistros de entradas e saídas de alimentos e un mínimo de 15 transaccións anuais, o
que se considera unha carga administrativa complexa que anula a efectividade do incentivo.
4. Porcentaxe potencial de beneficiarios
As barreiras burocráticas e os limiares estritos reducen drasticamente a porcentaxe de veciños que poderán acceder a estas axudas.
O Informe de Intervención, proxecta que os beneficios fiscais de carácter económico (reducións por capacidade económica) aplicaranse a 100 unidades tributarias.
Se o censo de vivendas residenciais é de 31.707 unidades, e o total de unidades tributarias (vivendas máis locais) ascende a 33.951, o número de 100 unidades con bonificación económica representa unha porcentaxe extremadamente baixa do padrón total (aproximadamente 0,3% das vivendas residenciais), o que proba que os requisitos só beneficiarían a persoas que están nunha situación de vulnerabilidade
extrema.
O importe total previsto para todas as exencións é de 56.725,12 €.
Conclusión e petición de AV
O voto de Alternativa dos Veciños (AV) é un NON rotundo á ordenanza, xa que a súa aplicación suporía un
castigo social e rural. AV esixe a anulación total do borrador ou, subsidiariamente, a modificación
inmediata dos preceptos para:
- Restaurar a bonificación por distancia (50%) para as vivendas en zonas dispersas.
- Eliminar a obrigatoriedade do informe de Servizos Sociais para as reducións por escasos ingresos,
permitindo que a verificación da renda se realice directamente polos Servizos Tributarios. - Simplificar drasticamente os requisitos burocráticos das bonificacións ambientais, eliminando as
esixencias de documentación excesiva e a proba fotográfica.
“Non imos permitir que a veciñanza pague a ineficacia e o desleixo de décadas, nin que se lles esixa un
custo superior ao que legalmente deberíamos financiar”