[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Castelo de Santa Cruz acollerá unha homenaxe permanente á figura de Isaac Díaz Pardo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O vindeiro sábado 18 de xullo terá lugar a presentación da obra ENSAMBLEISAAC. Trátase dun conxunto de obras artísticas que constituirá unha homenaxe permanente ao polifacético Isaac Díaz Pardo e que quedará incluída nun libro tamén titulado ENSAMBLEISAAC.
O Memorial Ensambleisaac é unha obra artística de Pacodíaz que combina unha escultura construída e deseñada en base a pezas ensambladas dunha ampla representación de oleiros e ceramistas galegos. Esta exposición permanente tamén contará con obras literarias, pictóricas, fotográficas e musicais que fan referencia á figura de Díaz Pardo. Ademais, no acto do sábado estrearase unha obra musical inédita, arranxo de Juan Durán, para barítono, piano e chelo.
Isaac Díaz Pardo é unha das figuras galegas máis relevantes do século XX. O alcance e dimensión deste creador, sabio e erudito é universal. En tempos escuros, iluminou Galicia coa súa obra. A recuperación histórica, técnica e artística de Sargadelos é a mellor proba diso.
Díaz Pardo tiña unha forte vinculación con Oleiros que segue a estar moi viva. Sempre amosou unha grande querenza polo municipio, atendendo con xenerosidade todas as chamadas e convites realizados.
Está prevista a participación neste acto de importantes personalidades da cultura galega. É o caso do presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, e de outros académicos como Ramón Villares, Fina Casalderrey Fraga e Marilar J. Aleixandre; ou escritores e escritoras como Ana Acuña Trabazo, Siro López Lorenzo, Antía Otero Rodríguez, Adela Figueroa Panisse e Claudio Rodríguez Fer.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]