A pesar do anuncio o pasado mes de marzo en varios medios que se informaba da construcción de novas instalacións para a campaña estival financiadas polo Concello, non houbo avances.
A día de hoxe, as praias non contan coas novas casetas, pero tampouco se acondiciounou as actuais, a pesar do avanzado estado de deterioro. A situación afecta non so á imaxe das praias con aseos públicos deteriorados e sucios, senón polas condicións nas que se está a desenvolver o servizo de socorrismo.
Alternativa dos Veciños tamén demandou información detallada do estado do proxecto, esixindo que se faga público o expediente correspondente, trasladando directamente aos colectivos de cada parroquia que se ven afectados pola situación e tamén a través das canles oficiais do Concello.