Un investimento extra para obra pública que chegou dos fondos europeos é o resultado do bo facer e a planificación con sentidiño que realiza o equipo da Alternativa en Oleiros. Case 7 millóns de euros para obras que co investimento municipal chegarán a 11 millóns.
A colaboración das institucións europeas faise dentro do programa EDIL (Estratexia de Desenvolvemento Integral Local) que reparte fondos a concellos que estean en condicións de programar obras achegando o 40% do importe, que desde Bruxelas se completa co 60% restante.
Con ese diñeiro, tal como anunciou o alcalde, abordaránse importantes transformacións como a avenida das Américas de Santa Cristina ou a contorna do Caavamontes e mercado municipal, no alto de Perillo. Tamén hai fondos para a eficiencia enerxética do Castelo de Santa Cruz, a área infantil do Parque Luis Seoane, a rehabilitación da Biblioteca Central Rialeda e o seu parque, así como para a urbanización da contorna do novo Auditorio de Bastiagueiro e o seu equipamento interior.