[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Carral consegue servizo de pediatría dous días á semana durante o verán
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Tras as intensas negociacións e mobilizacións por parte do Equipo de Goberno, e o apoio dos veciños e veciñas de Carral, conseguiuse que o pediatra pase consulta en Carral os martes e xoves na primeira parte da mañá. Desde Alternativa dos Veciños de Carral considerámolo insuficiente polo que seguiremos insistindo por mellorar este servizo.
Non nos serve a explicación de que non hai pediatras suficientes, porque en marzo celebrouse a OPE do SERGAS con 93 prazas para pediatría en toda Galicia, cando contaban con 200 inscritos. Os pediatras son moi necesarios, non se pode recortar nestes servizos. Poderíase evitar a situación que vive Carral, ao igual que nalgún que outro municipio, se ampliasen esas prazas e mellorasen as condicións laborais dos facultativos.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]