10-2-2021 Carral

Carral segue mellorando a seguridade viaria

O pasado 4 de febreiro aprobouse o Plan Complementario Provincial.

Neste Plan o Concello inclúe cinco proxectos: o reforzo do firme e canalización da drenaxe de augas pluviais na estrada que une DP-1704 con Soavila (Cañás), a rehabilitación da pista polideportiva de Tabeaio e espazos anexos, a mellora da capa de rodadura en vías de Paleo e Beira, a humanización e mellora da rúa Paleo (fronte ó Centro de Saúde) e a mellora da humanización da rúa Río Canle.

Todas estas actuacións contan cunha asignación de 303.000 euros.

Novas relacionadas