Parque 700 x 400

Reapertura das instalacións deportivas e parques de Carral

O Concello de Carral publica un novo decreto da alcaldía de cara á nova normalidade dende o 15 de xuño do 2020.

O Concello de Carral redacta unhas novas medidas de adaptación en relación coa emerxencia sanitaria de cara a unha nova normalidade.

Dende o 15 de xuño do 2020 queda permitido o uso dos parques infantís, pistas polideportivas ao aire libre (agás as pistas de tenis e pádel) e as canchas de chave. A partir do luns 22 de xuño do 2020 poderán empregarse o Pavillón polideportivo do Espiño, o campo municipal de fútbol Borja Rodríguez Ans e a galería municipal de tiro olímpico. Quedando pendente dun novo decreto da alcaldía a reapertura das pistas de tenis, pistas de pádel, piscina municipal e ximnasio, que se prevé para o 1 de xullo.

Este decreto manterá a súa vixencia até novo aviso en función das directrices que emitan as autoridades sanitarias segundo a evolución da situación. Ademais cada instalación deportiva publicará un protocolo para o coñecemento xeral dos seus usuarios.

Novas relacionadas