Case 300 vivendas do centro urbano de Carral foron desbloqueadas recentemente pola Sareb, o que provocará a medio prazo un importante incremento da poboación neste municipio.
Ante esta realidade, o alcalde ten solicitado á Xunta a construción dunha nova depuradora de fecais, xa que a actual leva anos obsoleta.
O Concello solicitará tamén á Xunta que se faga cargo do mantemento da rede de auga potable, que agora administra Emalcsa.
Estas vivendas foran vítimas da crise do 2008 e hai pouco tempo foron adquiridas por distintos promotores para rematar de construilas e sacalas ao mercado. Son 102 na rúa Méndez, 59 na rúa Castro, 92 na rúa Belbís e 9 en Rosalía de Castro.