Carral participou na xornada de limpeza do río Barcés
O pasado domingo a Asociación da Custodia do Territorio Brexa organizou unha xornada de limpeza no río Barcés.
O evento contou con preto de 50 voluntarios e voluntarias que eliminaron media tonelada de lixo. A actividade realizouse en Barcia, A Ribeira (Cañás) e en Balbén (San Vicente de Vigo).