educación infantil

Carral ofrece á Xunta locais para reducir ratios

Carral puxo a disposición da Xunta de Galicia a antiga escola infantil e as aulas de formación para uso docente.

O Goberno local manifestou o seu desexo de colaborar para minimizar os riscos de contaxio fronte a Covid-19 no próximo curso. Ademais o Goberno Local comezou as accións de coordinación cos diferentes centros educativos para gardar mobiliario escolar sobrante para cumprir coas medidas protocolarias e minimizar o impacto da Covid-19 nas aulas.

Novas relacionadas