local 2

Carral mellora as condicións de mobilidade e accesibilidade no local de A Cabra.

Alternativa dos Veciños nas súas visitas ás parroquias puido comprobar que algúns veciños e veciñas non podían acceder ao Local.

Por iso o Concello de Carral traballa na eliminación das barreiras arquitectónicas e mellorar a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida nestas dependencias.

Dende o Equipo de Goberno solicitase a colaboración veciñal, para axudar a detectar estes problemas de accesibilidade e mobilidade, nos locais sociais ou dependencias municipais, e intentar porlle unha solución desde o Concello.

Novas relacionadas