panadeiras

Carral homenaxeará ás mulleres panadeiras

Carral bautizará unha rúa co nome “Rúa das Panadeiras”, escollido polos veciños e veciñas de Carral.

Para conmemorar o día da Muller, o Concello de Carral puxo en marcha un proceso participativo a través da aplicación “Cuida Carral”. A intención desta iniciativa foi levar a igualdade ás rúas e conseguir que houbese máis puntos do municipio con nome de muller.

Sendo a proposta veciñal máis votada, o executivo celebra a elección dos veciños e veciñas xa que “enxalza o labor e a tradición dun colectivo fundamental para Carral como son as panadeiras”.

Novas relacionadas