Carral finalizou os campamentos de verán con preto de 130 participantes
O pasado 4 de setembro o Concello de Carral concluía os campamentos de verán cunha xornada de clausura da última quenda.Cerca de 130 nenos e nenas participaron nos campamentos de verán programados polos Concello de Carral, que este ano tiveron que sufrir varias adaptacións para poder compatibilizar a actividade cos protocolos de seguridade, e así diminuír o risco de contaxio do Covid-19.
Este ano os campamentos comezaron o 1 de xullo e contaron con diferentes temáticas, nesta última destacaba a conciliación sobre o coidado do medio ambiente, ecoloxía e reciclaxe.
O Concello viu necesario reforzar, este verán, as actividades de conciliación pero na situación actual, a seguridade foi máis que nunca a máxima prioridade. Por iso se tivo que reformular a organización dos campamentos aplicando un protocolo.