Carral estimula o remate dos edificios fantasma

O alcalde, Javier Gestal, solicitara á SAREB axilizar o remate dos pisos que quedaran inacabados cando a crise inmobiliaria

Ante a carencia de vivenda para compra e aluguer de viendas en Carral, o Goberno municipal de Alternativa, presidido por Javier Gestal, realizou diversas xestións para que por fin se rematen os edificios inacabados no centro de Paleo.

Estes edificios atopábanse paralizados e abandonados desde o 2008 e bloqueados nas mans da SAREB, o chamado “banco malo” que creou o Goberno tras a crise inmobiliaria para que a situación non fose máis calamitosa do que foi.

Estes edificios, próximos á Casa do Concello, encóntranse neste momento en reconstrucción, pois a instancias do Concello foron adxudicados pola SAREB a promotores con determinadas condicións.

Os seus prezos oscilan entre os 90.000 e os 140.000 euros, dependendo do tamaño do piso. Menores de 36 anos, vítimas de violencia de xénero, persoas con diversidade funcional e familias numerosas están exentas do imposto de transmisións patrimoniais.

Comparte esta nova!