futboñl

Carral estima un aforro de 3.000 euros ó ano coa nova iluminación do Campo de Fútbol municipal

Finalizada a instalación da iluminación do campo de fútbol Borja Rodríguez Ans e nos seus vestiarios.

Cambiáronse as oito luminarias haloxenas existentes por 16 unidades LED (catro por torre). O consumo enerxético pasa a ser de 16 a 8 kW/h. Renováronse tamén as luces dos vestiarios e duchas, que mellorarán a iluminación e terán unha maior duración. Este proxecto contou cunha inversión de 14.682.56 euros máis IVA.

Este novo sistema mellorará a iluminación do campo, eliminando así as zonas sombra no terreo de xogo.

Novas relacionadas