Os municipios de Oleiros e Carral remitiron á Xunta as súas demandas concretas para mellorar o servizo de transporte público e poder así renovar os convenios cos que os concellos colaboran coa Xunta na subvención dos autobuses.
Os aumentos de frecuencias nas distintas liñas que dan servizo a ambos concellos, especialmente en horas punta, son as necesidades que con máis frecuencia se manfiestan, toda vez que son moitos os autobuses que van ateigados de persoas, sobre todo á Coruña e a hospitais.
Con todo non é esa a única reivindicación dos alcaldes, que tamén reclaman un estudo en profundidade das posiblidades de mellora que presenta a mobilidade laboral entre as poblacións e os polígonos industriais, así como entre as poboacións da comarca entre si, e as relacionadas cos centros médicos e hospitais.
Tamén se solicita a adaptación dos autobuses aos hábitos comerciais e de ocio da cidadanía, e, no caso de Oleiros solicitan tamén a eliminación dunha ruta existente e estudar as posibilidades de implementar outra de carácter interno.