Carral debe aprobar no Pleno obras por máis dun millón de euros

Infraestruturas para mellorar a vida diaria en Tabeaio, Cañás, Paleo e Quembre

As obras a incluir no Plan Provincial da Deputación protagonizarán este xoves o pleno municipal de Carral, que deberá aprobar estas iniciativas para aumentar a calidade territorial do concello.

O plan de obras inclúen o saneamento de Gosende en Tabeaio, ampliar o de Cañás, mellorar a polideportiva do Espiño, en Paleo e a rede de iluminación con tecnoloxía led no lugar de Pedreiro, tamén en Paleo, así como a capa de rodadura e formación de cunetas de formigón na Rúa da Fraga. En Cañás mellorarase a iluminación pública entre Sergude a Cañás e as cunetas da rúa Vista Real. Tamén se mellorará a capa de rodadura e Cimadevilla a Montecelo, na parroquia de Quembre.

As obras van incluídas en dous plans provinciais e con fondos do Concello. En total a achega provincial é de 1.184.087 euros, que se engaden á cantidade de 44.876 euros para gasto corrente. Este próximo pleno considérase como un dos máis importantes de 2025 e o alcalde agarda unha asistencia importante por parte da veciñanza ao salón de Plenos para o próximo xoves ás 20:00 horas.

Comparte esta nova!