Carral contrata para 2 anos o Servizo de Axuda no Fogar

É xa o segundo contrato tras a normalización do servizo, que antes era caótico

O alcalde de Carral, Javier Gestal, contratou para os dous próximos anos a prestación do Servizo de Axuda no Fogar por algo máis de millón e medio de euros.

Durante este tempo a empresa Azvase prestará un total de 33.500 horas, en substitución da anterior, á que o alcalde agradeceu a súa dedicación e compromiso.

Cando Gestal foi elexido alcalde, en 2019, o SAF prestábase a través de 4 empresas distintas. Cumprindo a promesa eleitoral, sacouse un novo prego e regularizouse o servizo tras 20 anos en precario. En palabras do alcalde, “agora cumprimos a nosa palabra de asinar un novo contrato do SAF no que ademais investirase máis que no anterior do ano 2021”.

Inmaculada Mantiñán, concelleira de Servizos Sociais, agradeceu “o esforzo e o traballo que realizaron non só desde o departamento de Servizos Sociais senón tamén a inmensa implicación desde a secretaría do Concello, así como da empresa V.M asesores encargados do asesoramento técnico”.

Tamén subliñou “a importancia dos Servizos Sociais dentro do proxecto de Alternativa dos Veciños de Carral, uns dos departamentos máis importantes do Concello porque é o que atende a persoas en situación de dificultade e/ou vulnerabilidade”.

Comparte esta nova!