Diseño sin título

Carral busca levar a igualdade ás rúas

Carral quere aumentar o nome de mulleres nos lugares públicos do municipio, fomentando a participación cidadá e promovendo a igualdade entre homes e mulleres.

A través da app “Cuida Carral” estase a levar a participación a través dunha votación, na que todos os veciños e veciñas poden aportar ideas para a elección.

O goberno de Carral percibiu que actualmente só contan cunha rúa que leve nome feminino, por iso lanzou esta iniciativa, xa que atendendo á situación sanitaria actual non se puido organizar ningunha actividade presencial para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Novas relacionadas