Andaina 700 x 400

O Concello de Carral organiza unha andaina polo Camiño Inglés

Carral realizará unha andaina por un tramo da ruta xacobea para reactivar de maneira segura o Camiño Inglés.

Realizarase desde a área de descanso dos peregrinos da Lameira (Tabeaio) ás 10h, ata o cruce de Cañás do Camiño Inglés coa estrada CP-1704 a Cambre. É un percorrido de 3km e estímase realizalo nunha hora. Os participantes deberán levar máscara e chaleco reflectante.

Aqueles que queiran participar na actividade terán que inscribirse na Casa da Cultura 981672580 antes do xoves 2 de xullo. As prazas son limitadas.

Novas relacionadas