CP

Carlos Lamas e Óscar Souto ganan o IV Torneo de pádel Concello de Carral

O IV Torneo de pádel Concello de Carral, no que participaron 28 veciños do municipio, finalizou coa disputa da gran final na que se enfrontaron Alejandro Vázquez e David Castro contra Carlos Lamas e Óscar Souto. A parella Lamas-Souto impúxose no partido decisivo por 6/0 e 6/1.

O alcalde, Javier Gestal, entregou os correspondentes trofeos ás parellas finalistas. Ademais, agradeceu a grande acollida e participación que tivo esta competición deportiva municipal.

A Concellería de deportes de Carral, que dirixe Alternativa dos Veciños, organizou esta competición deportiva, que se disputou nas pistas municipais de pádel desde primeiros de xaneiro. O obxectivo que se persegue con esta actividade é a práctica deportiva e o ocio saudable entre a poboación carralesa, ademais de dar a coñecer as instalacións.

Novas relacionadas