Alternativa demandou facer pública esta cantidade que o concello está a asumir inxustificadamente, posto que o Centro de saúde é competencia da Xunta de Galicia.
Seis anos despois do traslado da Biblioteca o Concello de Cambre continúa a pagar os gastos do centro de saúde, a pesar de non ter ningún uso municipal, senón so do propio SERGAS, incluso da parte que aínda non está cedida.
A situación é un compromiso máis sen resolver do anterior goberno municipal, de Unión por Cambre, que coa construcción da nova biblioteca en Cambre prometeu un aforro nos gastos derivados do mantemento do edificio e, incluso, a ampliación de servizos sanitarios.
“Estos 85 mil euros que deberían gastarse en servizos directos para a veciñanza, non en cubrir un gasto que a Xunta está a escapulir;” sinala Raúl Varela, portavoz do grupo en Cambre.