O Goberno Municipal de Cangas despreza o plan de vivenda da Alternativa

As vivendas de Nazaret caen a cachos e deixan escapar as subvencións preparadas para a súa rehabilitación

É triste coñecer a noticia de que o Goberno Municipal non  solicitou a subvención do programa de axudas para a rehabilitación para as vivendas dos Mestres de Nazaret. Catro anos de traballo  e recursos públicos tirados, cando todo estaba feito e soamente tiñan que presentala. 

O Goberno actual nada está a facer co Plan de vivenda, a veciñanza non coñecemos se teñen un proxecto propio de plan de vivenda, ou pola contra o trazado no anterior goberno (que vivendas, donde e de donde sacar os recursos) o están a incumplir. Temos que lembrarlles que os impostos da veciñanza non dan para todo, e o que xa non vamos a seguir escoitando é que non se lles aproban os orzamentos, pois non é cos orzamentos cos que se fan as inversións importantes, teñen que conseguir os recursos externamente.  

Hai uns meses escoitabamos á Concelleira de Servizos Sociais que non podía amueblar a Casa dos Pobres xa que non tiña cartos e hoxe enterámonos que a partida de Servizos Sociais para inversión contaba en decembro con 17.400 € o que sí daría para amueblar alguna das vivendas  e mesmo ocorre coa subvención de rehabilitación das casas dos Mestres de Nazaret que non presentou. 

Un proxecto de Alternativa

Ese foi un proxecto que comezou Alternativa hai catro anos, da man da Concelleira de Servizos Sociais, naquel momento Victoria Portas. Con recursos municipais e traballo levouse a cabo a recuperación para Cangas das vivendas de Nazaret e a redacción do proxecto para a súa  rehabilitación, ao igual que os certificados de eficiencia enerxética e toda aquela documentación requerida para cumplir os requisitos da subvención, moitas foron as viaxes ao Instituto Galego da Vivenda e Solo. Incluso obran dentro do expedente os formularios da subvención cubertos, o único que tiña que facer o Goberno era  aprobalo, certificar a titularidade e presentar dita subvención, e NON O FIXERON.

A 20 de abril do 2023, no Concello de Cangas tíñamos inscritos no Rexistro de demandantes para o acceso a vivenda protexida, ou ben por compra ou ben por alugueiro  a 104 persoas. Polo que era máis que relevante e importante o Plan de Vivenda que se estaba a levar a cabo. 

Decepción

Hoxe podemos decir que os recursos municipais, económicos e persoais dos diferentes departamentos, que se utilizaron para poder acceder con garantía a línea de subvencións foron recursos tirados ao lixo, e o Concello de Cangas non está para seguir perdendo recursos. 

Desde Alternativa estamos realmente decepcionados, xa que o Plan de vivenda era para nós un proxecto imprescindible dado o prezo medio dos alugueiros (decembro do 2022: 435,76 €) e coa situación real que nos atopamos no noso Concello que a este paso non conseguiremos o “relevo interxeneracional” do noso pobo, xa que os nosos mozos e mozas terán que sair de Cangas por non poder acceder a unha vivenda accesible no noso propio pobo. 

Comparte esta nova!