As candidaturas para as municipais están abertas a toda a cidadanía

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños abre a participación nas candidaturas para as municipais a toda a cidadanía da comarca

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños vai presentar candidaturas en todos os municipios da comarca nas próximas eleccións municipais. Igual que en Oleiros, onde se leva a cabo un proceso de elección totalmente aberto e democrático, as portas están abertas de par en par a todos os cidadáns que desexen formar parte das candidaturas para os comicios locais. 

A comarca da Coruña necesita cambios para conseguir progreso e benestar. Alternativa dos Veciños pretende acadar un transporte público eficaz, un planeamento urbanístico ordenado, uns servizos públicos de calidade, unhas infraestruturas viarias acordes á nosa realidade e unhas políticas de emprego activas. Para iso é imprescindible contar con representación nos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Cerceda, Culleredo, Sada e Oleiros, para lograr que os gobernos que se formen tras as eleccións municipais deixen a un lado intereses electoralistas e localistas e tendan pontes para beneficio de toda a cidadanía.

O proceso de formación de candidaturas está aberto a toda a cidadanía da comarca. As candidaturas de Alternativa dos Veciños están dispostas a recibir a calquera persoa que se opoña aos partidos que bloquean e impiden gobernar cando non sacan tallada persoal ou partidista e que practican unhas políticas caciquís e clientelistas. Vivimos un momento político convulso, con serios perigos e ameazas para a convivencia democrática, polo que a implicación e a participación na vida política do noso entorno máis próximo é máis importante que nunca.

Todas aquelas persoas interesadas en colaborar ou formar parte activa deste proceso poden dirixirse a Alternativa dos Veciños a través de whatsapp ao número 660263862 ou chamando ao 981610000, extensión 1216. Tamén é posible contactar a través do correo electrónico info@alternativadosvecinos.org ou das redes sociais de Alternativa dos Veciños en Facebook e Twitter.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!