Campaña en change.org para denunciar a lentitude do Ministerio en Sol y Mar e esixir a ampliación da Pasaxe

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Campaña en change.org para denunciar a lentitude do Ministerio en Sol y Mar e esixir a ampliación da Pasaxe

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños solicita a todos os cidadáns da comarca da Coruña que participen na campaña iniciada na plataforma change.org para esixir ao ministro de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que ordene á empresa adxudicataria da obra de Sol y Mar dobrar quendas de traballo e acelerar o ritmo de construción para reducir os tempos de execución. Na petición tamén se demanda que o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana realice todos os trámites necesarios para contratar a ampliación da Ponte Pasaxe con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, para que se execute tan pronto como finalice o túnel de Sol y Mar.

O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana está a colapsar todos os accesos á cidade da Coruña pola deixadez na execución da necesaria obra do túnel de Sol y Mar. Cun retraso de máis de 7 meses desde a sinatura do contrato, iniciaron os traballos en pleno verán, a un ritmo moi lento e sen dobrar quendas de traballo.

Esta importante actuación de pouco servirá para resolver o grave problema de mobilidade se a escasos metros se mantén o embudo na Ponte Pasaxe, polo que unha vez finalizase Sol y Mar o Ministerio debería ampliar a ponte. Neste momento ademais, o Goberno central dispón dunha oportunidade única para defender o interese xeral da área metropolitana da Coruña e pagar a obra da Ponte Pasaxe cos fondos europeos de recuperación.

ASINA EN CHANGE.ORG

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!