g

Campaña de sensibilización “Liberdade de ser e sentir”

O Concello de Carral adheriuse a esta campaña da Deputación Provincial da Coruña para conmemorar o Día da Diversidade Sexual.

Leváronse a cabo todo tipo de propostas para concienciar sobre a igualdade independentemente da súa orientación sexual e da súa identidade de xénero. O Concello de Carral sumouse á actuación “Balcóns da Diversidade”.

Desde Alternativa dos Veciños de Carral animamos aos nosos veciños a participar nas accións desta campaña, para reivindicar a liberdade de ser e sentir.

Novas relacionadas