c

Segunda quenda dos campamentos de verán en Carral

O Concello de Carral xa ten lista a seguinte quenda dos campamentos de verán, un campamento deportivo que servirá tamén para mergullarse na lingua inglesa.

Está dirixida a nenos e nenas de 3 a 15 anos. Levarase a cabo entre o 27 de xullo ao 14 de agosto e teñen de prazo para anotarse ata o 24 de xullo (tendo prioridade: empadroados e inscritos no Campamento Multideportivo).

Para máis información poden chamar á Casa da Cultura 981672580 ou enviar un correo electrónico a casadacultura@carral.es .

Novas relacionadas