Campamentos en Cambre: Para cando?

Alternativa dos Veciños deu o voto favorable durante a Xunta de Goberno ao inicio de expediente que permitirá licitar os “campamentos da OMIX” que se inclúen no programa “O Verán xa Está Aquí”.

O grupo lamenta o retraso deste procedemento, que impedirá que o servizo cumpra o obxectivo de facilitar a conciliación das familias este verán.

Estes campamentos ofrecen a participantes de 7 a 17 anos, principalmente empadroados en Cambre, unha experiencia de ocio educativo que ademáis debera posibilitar a conciliación das familias, sempre e cando a información do servizo chegue en tempo e forma. Algo que non acontecerá este verán.

“É imprescindible o reemplazo desta praxis na que a demora é o normal, independentemente da situación actual e, sobre todo, cando se trata de servizos que levan anos coa mesma dinámica.” Sinala Raúl Varela, voceiro do grupo.

Comparte esta nova!