Carral iniciou os campamentos de verán
Os campamentos arrancaron o 1 de xullo e serán un reforzo nas medidas de conciliación. Este ano levaranse a cabo en tres quendas e cun período de realización máis amplo, con respecto a outras edicións.
Desinfección do calzado, mans e medición de temperatura, así é como comezan os campamentos que este ano lévanse a cabo no exterior do CEIP Vicente Otero Valcárcel e no local Interxeracional. Dentro do recinto están separados en grupos de máximo 10 nenos en nenas. Os maiores de 6 anos deben empregar a máscara obrigatoriamente e se realizan una excursión os máis pequenos teñen que empregala tamén no autobús, excepto que exista algunha patoloxía que o impida. A seguridade é, máis que nunca, a máxima prioridade e, por iso, reaxustouse a organización dos campamentos aplicando un completo protocolo.