Cambre retoma as obras do POS+ ás que tivo que renunciar

O pleno celebrado hoxe acordouse volver a solicitar á Deputación de A Coruña as actuacións as que o Concello de Cambre se veu obrigado a renunciar nos últimos meses, incluídas no Plan Único de Concellos (POS+) dos anos 2021 e 2022.

Co voto favorable de Alternativa, o concello impulsa a recuperación de algúns dos investimentos comprometidos coa veciñanza, como son o arranxo da pista polideportiva do Temple e a renovación do pavimento na pista da Balastreira, así como a mellora da accesibilidade en Lendoiro (A Barcala).

Dende Alternativa lembran que esta situación é consecuencia directa da mala xestión do anterior goberno municipal, que provocou a perda temporal e o gran retraso nestas actuacións. “Neste momento, Cambre podería estar avanzando noutros novos investimentos, pero segue tendo que resolver as deficiencias herdadas da anterior executiva” sinalan dende o grupo.

Comparte esta nova!