paseo mero

A realidade dos espazos para a veciñanza

Alternativa de Cambre, unha vez máis, indignada co estado da limpeza dos espazos públicos do Concello. Faise latente esta realidade coa que vivimos.

Non é comprensible que ante un estado de alarma no que a hixiene das rúas é un punto forte na loita contra o Covid-19 e que en Cambre nos atopemos ante tal abandono. Son moitas as zonas (e céntricas) nas que non existiu desinfección algunha.

O goberno cambrés sigue co cemento, gañando votos entregando deberes, alimentos e felicitando aniversarios. Aproveitando o rédito político nesta situación.

E parece que ninguén organizou un reforzo da limpeza das rúas, unha planificación para a campaña de limpeza de fincas, un impulso para que a desinfección dos contedores chegue a todos os lados, a posta en funcionamento do convenio de limpeza do paseo do Mero ou intensificar os controis para o cumprimento das normas e medidas establecidas.

Moita obra, moita humanización, moita defensa do patrimonio, da natureza e dos veciños e veciñas… E o final, ao saír das portas dos nosos fogares, cemento, fotos e titulares de prensa.

Novas relacionadas