Cambre precisa máis políticas útiles e resolutivas

Alternativa insta aos membros da corporación a frear a crispación política e priorizar os acordos para que o Concello avance.

O grupo considera necesario cambiar a dinámica de liortas e disputas, que non levan a ningún lado, para centrar os esforzos en acadar consensos para solucionar os problemas que está a padecer a veciñanza.

Cambre ten que ser a prioridade: para sacar adiante un orzamento, regularizar o pago de facturas aos distintos provedores, resolver as problemáticas do persoal municipal, fortalecer os servizos sociais, para a mocidade e outras necesidades urxentes que están a condicionar o presente e comprometendo o futuro.

A veciñanza demanda un goberno que escoite e informe con transparencia, sen improvisacións nin escusas. E unha oposición que coopere, deixando a un segundo plano os intereses partidistas.

Alternativa reafirma o seu compromiso de seguir traballando cunha visión e misión construtiva, deixando ás siglas a un lado e colaborando en todos aqueles acordos que permitan mellorar a xestión municipal e poñer a Cambre por riba da confrontación política.

Comparte esta nova!