Cambre perde una subvención de 245,701,58€ del POS ao opoñerse Unión por Cambre

Alternativa abstivose nun acto de responsabilidade política

No pleno extraordinario convocado o pasado venres o Concello perde unha aportación de 245,701,58 € da Deputación de A Coruña que o goberno pretendía usar para mudar o arquivo municipal á Barcala.

Alternativa motivou a súa abstención por dúas bandas. Principalmente por non considerar esta unha necesidade actual do municipio este investimento. E pola outra porque na parte técnica non consta o acordo coa comunidade de veciños, entre outras cousas.

Alternativa dos Veciños non posiciona o seu voto en contra de achegas de outras administracións, pero neste caso a proposta chega con moitos fíos soltos. O proxecto non fala de que capacidades de almacenaxe de arquivo se gañará coa mudanza, non se establecen novos usos para o actual arquivo, non hai probas de carga feitas, non se falou coa comunidade de veciños, sen o seu consentimento non se podería efectuar a obra.

A esto habería que sumar tamén 87.769,55€ que ten que achegar o Concello, e non constan, os gastos de arranxo do espacio que ocupa o actual arquivo. Por esos motivos, o grupo municipal de Alternativa dos Veciños abstivose, nun acto de responsabilidade política para non perder os cartos da Deputación.

Comparte esta nova!