[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Cambre na cola das reivindicacións do día internacional da muller
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O pleno de hoxe levará unha declaración institucional case 20 días despois da celebración do 8 de marzo, día internacional da muller.
No pasado pleno de febreiro quedaron sobre a mesa as mocións de reivindicación da data dos outros grupos municipais, pola pouca efectividade e problemas técnicos dos plenos telemáticos. Agora a toro pasado, un mes máis tarde, o goberno municipal presentou esta declaración institucional.
Alternativa de Cambre votará favorablemente pola natureza incuestionable da declaración. Pero deixará manifesto a súa desconformidade coa falta de previsión e o retraso co que chega esta negociación de declaración institucional, algo que xa tiña que ser promovido no mes de febreiro.
-Ata nun tema que podería estar planificado fai meses, pola natureza da data o goberno cambrés chega tarde- Afirma Raúl Varela, voceiro e concelleiro de Alternativa dos Veciños de Cambre.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]