[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
E máis e máis cemento
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños de Cambre considera que debería analizarse se as actuacións urbanísticas que se están a desenvolver son unha verdadeira solución para as necesidades da veciñanza cambresa. É coñecido o afán de humanizar a base de cemento do Goberno cambrés. No Temple, particularmente, estase a vivir a reordenación de varias rúas, un Centro Comercial en trámite e o plan Malasa.
En paralelo, a veciñanza segue co desasosego polo vandalismo xuvenil sumado aos problemas para aparcar, tráfico continuo, abastecemento de auga e luz pública (en zonas concretas), entre outras. E nesta humanización non se contemplan solucións para isto.
Ademais está a escaseza de espazos verdes e/ou recreativos. A pesar disto no parque Ramón Barba foi substituído parte “do verde” e o muro que o separaba da calzada, para poñer unha beirarrúa, limitando a seguridade que aportaba as familias con pequenos e reducindo a pouca natureza que hai na parroquia.
No sector do comercio local, continúan a dubidar se isto vai ser un paso adiante para os seus negocios como era anunciado ao inicio destas actuacións.
Alternativa dos Veciños de Cambre manifesta a importancia de reconsiderar as actuacións que están a realizar, poñerlles unha óptica non solo “cementística” senón algo máis integral, en consenso coas necesidades reais da veciñanza, para solucionar os problemas do día a día e que abarque, tamén, a perspectiva social.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]