O que aprobou o concello é simplemente un avance, non o documento, que tardará alomenos 4 anos máis
Unha vez máis, igual que se fixo no 2019 o concello tenta enganar aos veciños, como xa denunciamos en varias ocasións desde Alternativa. Naquel momento comprometíanse a aprobar definitivamente o plan e pasaron catro anos sen aprobalo, nin sequera sen empezar a tramitalo como este trámite que se vai a facer agora, a partir do que restan, alomenos outros catro anos máis.
“Unha vez máis se xoga cos intereses dos veciños para sacarlles o voto con enganos e mentiras, un verdadeiro xogo de trileriros”, dixo o presidente da Alternativ, Ángel García Seoane, “no que os veciños sairán prexudicados e coas alforxas baleiras”.
A partir do 1 de xaneiro o concello ten paralizadas as novas construcións, unha vez exposto este avance, polo que haberá zonas do Concello nas que durante dous, tal como acontece cando se tramitan documentos deste tipo. O presidente da Alternativa reiterou que a forza política opina que o Concello debe deixar dunha vez de enganar á veciñanza, mostrándose partidario de que o municipio conte cun Plan canto antes.