“Cada persoa ten hoxe dúas patrias: a súa propia e Palestina”

Palabras do Embaixador de Palestina en España, Husni Abdel Wahed, de visita en Oleiros

A visita do embaixador palestino en España, Husni Abdel Wahed, a Oleiros, tivo un altísimo valor testemuñal e tivo gran repercusión como acontecemento informativo. Foi un xeito de achegar aínda máis o sentimento de raiba e dor, e de denunciar o exterminio neonazi dos palestinos a mans dos xudeos de Occidente que acaban coas súas familias, as súas vidas, os seus domicilios e a súa memoria.

Convertir Gaza nun Marinador internacional como pretende a alucinante idea de Trump e Netanyahu provocou unha reflexión no embaixador: “Ninguén pode sentirse alleo ao que lle ocorre ao pobo palestino. O humanismo parcial non existe. Ou se é humanista ou non se é e eu confío na humanidade e na defensa dos valores de xustiza, da liberdade e da vida”.

Wahed comprobou in situ que a solidariedade de Oleiros con Palestina non é unha febre de última hora. Se ben hai pouco tempo inaugurouse a rúa Yasser Arafat en Santa Cruz, anos atrás o pobo de Canide xa tiña varias rúas en torno á avenida de Palestina: Gaza, Yinin, Cisxordania, Jericó, así como a praza de Belén.

Foi o alcalde, Ángel García Seoane, quen fixo de anfitrión tanto na visita aos lugares que testemuñan este vencello entre Oleiros e Palestina como na Sinatura do embaixador no Libro de Honra do Concello. Ao remate do venres, un abarrotado teatro da Fábrica encheu de calor humana a presenza do representante árabe en España: “Grazas a España por estar no lado correcto da historia”, dixo loubando as xestións do goberno español: “Grazas pola súa humanidade, o seu compromiso e os seus valores”. Acto seguido mostrouse moi compracente por inaugurar de paso o ciclo de cinema Amal por Palestina que promove o presidente da Fundación Araguaney Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, cuxa primeira película, “O mestre”, proxectábase a continuación.

Falou do medo e o odio que dominan hoxe a xeopolítica: “ambos sentimentos son produto da ignorancia, e contra a ignorancia, o que debemos facer é coñecernos máis e mellor, para comprobar que non somos moi distintos uns dos outros”.

Referiuse a todo o que está facendo Israel non só por acabar coa vida das persoas, senón sobre todo da memoria previa á ocupación que realizan na actualidade e que se prolonga xa durante os últimos 80 anos.

“Bombardean igrexas, universidades, centros de cultura, bibliotecas… non queren deixar nen o máis mínimo vestixio previo á ocupación. Incluso queimaron as oliveiras palestinas, oliveiras que databan do imperio romano, para plantar outras novas, coma se non existise vida algunha antes da usurpación que están realizando”.

Ademáis non lles quedan case forzas para denunciar a devastación “A preocupación principal en Gaza é conseguir un prato de comida… sábeno ben, e por iso aproveitan as colas da fame para asesinar xente indiscriminadamente con enorme facilidade”.

Tivo tamén unha lembranza para a infancia: “Vimos de percorrer o voso concello, as rúas e prazas que levan nomes palestinos. Envexa sana ver tantas nenas e nenos xogando. Aos nosos nenos roubáronlles o dereito á infancia. Destruiron as escolas, asesinaron aos mestres, matan aos propios nenos”.

O triste relato dun home que foi quen de gardar a compostura e reprimir as súas emocións falando da terrible situación do seu pobo sometido á terrible destrución xenocida mentres os gobernos máis poderosos do noso lado do mundo arruinan coa súa pasividade calquera atisbo de esperanza.

Comparte esta nova!