Cables de Telefónica para secar a roupa?

A compañía de telecomunicacións retirará os cables da rúa Bouza despois de que a Fiscalía admitise a denuncia municipal

Os veciños e veciñas da rúa da Bouza, en Dorneda, poderían colgar a roupa lavada nos cables de Telefónica que caeron hai meses sobre as súas fincas.

Varios postes levan meses caídos sobre as súas propiedades, cos cables á altura das súas cabezas. A Fiscalía admitiu unha denuncia realizada polo Concello, despois do que Telefónica contactou coas persoas afectadas para solicitar acceso ás fincas e retirar os cables.

Segundo sinalou o Concello, resulta “indignante que unha empresa privada teña tal poder no Estado español como para ameazar durante meses a seguridade da cidadanía. As leis do Estado, feitas a medida e aprobadas por deputados e ministros que unha vez deixan a política acaban en consellos de administración deste tipo de compañías, permiten este tipo de actuacións irresponsables e asoballantes”.

Comparte esta nova!