O mércores inaugúrase un busto de Jose Luis Sampedro no parque que leva o seu nome
O vindeiro mércores 17 de xullo, ás 13:00 horas, terá lugar un acto público no parque José Luis Sampedro no que se inaugurará un busto do humanista. Coa escultura pretende homenaxearse a Sampedro e contribuír a lembrar a súa figura, así como a embelecer o parque e o seu entorno.
A obra que se vai estrear é unha peza escultórica tallada en pedra, que representa o retrato do escritor e que foi doada ao Concello de Oleiros polo seu autor, o escultor Álvaro Gil García, “para render tributo a súa persoa e que axude a conservar a súa lembranza”. Gil García é graduado en Belas Artes pola Universitat Politècnica de València.