O bus urbano 1-A recolleu 31.580 viaxeiros na parada de Santa Cristina

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O bus urbano 1-A recolleu 31.580 viaxeiros na parada de Santa Cristina

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A liña de transporte urbano da Coruña 1-A, que contou cunha parada en Santa Cristina do 15 de xuño ao 15 de setembro, contabilizou a 31.580 persoas que colleron o autobús no Concello de Oleiros. Aínda que non existen datos, estímase que un número similar de persoas tería baixado na mesma parada.

“Queremos ter unha reunión inmediata co Concello da Coruña, a Compañía de Tranvías e a Xunta de Galicia para que o bus 1-A, así como todas as liñas que chegan á ponte da Pasaxe, completen o seu percorrido ata Santa Cristina durante todo o ano. Estes tres meses quedou demostrado que este era un bo servizo público para a cidadanía, económico, limpo… e imos continuar coa batalla para que sexa realidade todos os meses do ano”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!